“La Reina del pueblo” e “Mataría” conquistan o palmarés da 8ª edición do Carballo Interplay

1 minutes read
  • O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay celebrouse dende o pasado mércores en Carballo e na rede, a través do streaming.

O xurado composto por David Pareja, Henar Álvarez, Fer Epelde, Sara Varela e David Fidalgo outorgoulle a La reina del pueblo os premios a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e mellor guión, para Raúl Navarro, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Mataría, que tamén recibiu o do Público. O premio para Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, foi para a comedia épica dende o interior dun videoxogo Mortal Glitch e o de Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders, unha dramedia que desquicia a resistencia social en tempos pandémicos. O xurado novo, composto por Sara Riveiro, Lúa Pagán e Tania Prieto decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Psicóticas Inseguras, unha comedia xeracional chilena feminista, subversiva e terapéutica.