Despois dos dous días asturianos e a xornada de descanso La Vuelta a España 2020 volve este martes 3 de novembro cunha contrarreloxo de 33,5 quilómetros entre Muros e o Miradoiro de Ézaro. Unha crono enche de incógnitas. Será unha etapa para especialistas nun terreo chairo, que discorrerá a beiras do mar, con vento previsiblemente de fronte. Os contrarreloxistas partirán cunha gran vantaxe con respecto aos escaladores. A subida final ao Miradoiro de Ézaro (1,5 km) podería favorecer os cambios de bici: de contrarreloxo a estrada. Nesta edición de La Vuelta na que prima a seguridade sanitaria e na que a organización recomendou seguila desde casa, a presenza de espectadores está prohibida nos últimos metros da etapa, e desaconséllase no resto do percorrido.
