La Vuelta | Un gran escaparate para o turismo galego


Primoz Roglic rubricou a súa terceira Vuelta cunha exhibición na crono. O esloveno foi o máis rápido tamén na contrarreloxo para demostrar a súa poderío na última etapa. Mas mantivo o segundo posto da xeral, mentres o terceiro foi para Haig, nun final trepidante con Yates polo terceiro posto.

A competición percorreu desde o venres Galicia nas súas tres últimas etapas ata concluír este domingo na praza do Obradoiro, onde se celebrou a entrega de premios coa chegada a meta dos ciclistas. A contrarreloxo individual desta última etapa pasou polos concellos de Padrón, Rois, Ames e con chegada a Santiago de Compostela, meta tamén de todos os Camiños para os peregrinos.

Galicia foi escenario estes días da competición raíña do ciclismo en España, o que supuxo unha oportunidade para dar a coñecer neste Xacobeo 21-22 a comunidade en todo o seu esplendor e o Camiño de Santiago, o principal reclamo turístico a nivel internacional, durante as tres últimas etapas da competición que atravesaron Lugo e a Ribeira Sacra o venres e o sábado as Rías Baixas, así coma varios tramos de distintas rutas xacobeas.

O evento converteuse no escaparate para promocionar a comunidade como destino seguro, que foi precisamente o que contribuíu a acadar bos resultados en xullo cun 80% máis de viaxeiros que en 2020 e un 20% por riba da media nacional respecto a 2019. Tamén constitúe unha oportunidade para invitar a camiñar a Galicia neste Ano Santo Dobre, como xa fixeron no que vai de ano máis de 100.000 peregrinos e coa previsión de rematar o ano con máis de 140.000.