O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello da Xunta aprobou na súa reunión semanal o Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Natural Fragas do Eume, un documento de planificación e ordenación deseñado para garantir a conservación dos valores, hábitats e principais especies de flora e fauna que alberga este territorio e que contará durante os seus 10 anos de vixencia cun investimento total estimado en 8,5 millóns de euros. “O noso obxectivo é buscar o equilibrio entre a conservación dos recursos naturais e as actividades socioeconómicas e a presenza humana ordenada neste espazo”, resaltou.
Rueda subliñou que as Fragas do Eume é “un dos bosques atlánticos mellor conservados de toda Europa” e lembrou que coa aprobación deste PRUX, complétase o proceso normativo impulsado co fin de dotar dun instrumento de xestión propio toda a Rede de parques de Galicia, que suma preto de 50.000 hectáreas.
46