Lage Tuñas pediu en Malpica un ‘voto masivo’ para o Partido Socialista

1 minutes read

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, acompañou nun reparto de propaganda electoral en Malpica ao candidato do PSOE ao Senado, Xosé Sánchez Bugallo. O responsable socialista pediu un “voto masivo” ao Partido Socialista para, dixo, “evitar que volva o PP” da “mentira e o engano masivos” á cidadanía, para evitar a volta a esa España “en branco e negro”, liderada polos que “saquearon” o país e “empobreceron ás clases medias e traballadoras”.

Tamén subliñou Lage Tuñas a importancia de concentrar o voto no Partido Socialista “para frear á dereita”, e advertiu que o sucedido en Estremadura constitúe un “botón de mostra” do “contiño do PP” cando fala da lista máis votada. Atribuíuno ao “trilerismo profesional” de Feijóo, que amosa cando “o collen nunha mentira flagrante falando do Pegasus e nin sequera se pon colorado”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?