LaLiga achegará ao deporte español 200 millóns de euros en catro anos

1 minutes read

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación da Real Decreto-Lei 5/2005 que regula os dereitos de televisión do fútbol que xeran os clubs profesionais integrados en LaLiga. Con esta reforma, a patronal converterase no principal patrocinador das federacións españolas e do fútbol non profesional, por diante do que achega o propio Goberno por medio do CSD. Nun momento no que os orzamentos do Estado van ver, inevitablemente, afectados pola crise do coronavirus, LaLiga axudará ao deporte español con 200 millóns de euros no próximos catro anos.

“No acordo co CSD e a RFEF, os clubs do fútbol profesional e LaLiga comprométense a incrementar a súa achega ao fútbol feminino, ao fútbol non profesional e a outras federacións deportivas por un valor superior aos 50 millóns de euros por tempada, superando os 113 millóns de euros para a próxima tempada”, sinalou LaLiga a través dun comunicado.

O aumento, segundo explicou LaLiga na nota, “provén de maiores porcentaxes nos ingresos da venda dos dereitos audiovisuais de LaLiga que se destinan ao CSD e a RFEF e unha parte maior dos ingresos da Copa do Rey que se destina ao fútbol profesional”.