Lalín acollerá o Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, o 13 e 14 de maio

1 minutes read

O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño ofrecerá en Lalín unha experiencia gourmet con cociñeiros e restaurantes de primeiro nivel procedentes de Cantabria, Extremadura, Asturias e como non, Galicia.
O alcalde da vila, Xosé Crespo, quixo subliñar que Lalín pretende «abandeirar a gastronomía do Camiño aparellada a un prato tan típico de Galicia como o Cocido». Lalín non é só o marco de celebración, a localidade é a razón de ser dun festival en torno ao cocido que aúna unha proposta realmente singular.
A cita será o 13 e 14 de maio, a banda sonora correrá a cargo dunha proposta musical de primeiro nivel achegando artistas dos territorios anteriormente mencionados: Tanxugueiras, Baiuca, Club del Río, Maluks ou Atmósfera 0, entre outros.