«Lambetadas», de Talía Teatro, aterra este sábado en Muxía

1 minutes read
  • Será ás 18:00 horas, no salón de actos do Edificio do Voluntariado

Muxía acollerá este sábado, 24 de outubro, a función ‘Lambetadas’ de Talía Teatro, un espectáculo para toda a familia enmarcado no ciclo ‘Muxía Cultura Outonal’. Comezará ás 18:00 horas e terá lugar no salón de actos do Edificio do Voluntariado.

Mediante o xogo escénico e o humor, os dous protagonistas pasarán por diversas situacións cómicas que os levarán, sempre desde unha linguaxe naíf e inocente, a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas. Un espectáculo que ten como obxectivo a posta en valor da lingua propia como elemento fundamental de identidade individual e colectiva na sociedade galega actual.

A entrada é de balde pero será necesario inscribirse chamando ao teléfono 981 74 20 01. Desde o concello lembran que será obrigatorio o uso da máscara sanitaria a partir dos 6 anos.