Lañas, en Arteixo, prepárase para a III Esfolla Popular

1 minutes read

Lañas, no concello de Arteixo, conta os días para a celebración da Esfolla Popular, festa que pretende recuperar unha das tradicións máis importantes da comunidade galega. Esta nova edición, a terceira, terá lugar o próximo 4 de novembro, e desde a AVRCD Fontesvellas, organizadora do evento, confían en repetir o éxito de anos anteriores: “Queremos que pouco a pouco se vaia arraigando esta xornada de festa entre a poboación”, afirman desde a entidade.
Desde primeira hora da mañá, na leira localizada xunto á nova Praza de Lañas, os asistentes poderán aprender a cortar e colleitar o millo. Os organizadores lembran que non é necesario ter coñecementos previos: “Nesta festa hai espazo tanto para os que levan toda a vida esfollando como para todas aquelas persoas que teñen ganas de aprender”.
Ao mediodía, un “Xantar Popular” a base de sardiñas salgadas con cachelos e xamón asado fará as delicias dos participantes. Continuará a xornada pola tarde, coa realización da “peteleira” e de numerosas demostracións, charlas e exposicións. Todas estas actividades realizaranse baixo unha gran carpa e estarán amenizadas pola Agrupación Triskell.
Familias
Desde a AVRCD Fontesvellas destacan que se trata “dunha xornada especialmente indicada para as familias”, posto que tanto nenos como pais e avós teñen espazo nas distintas actividades que se realizarán.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?