Lanzan unha nova solución de ciberseguridade para dispositivos móbiles


Check Point Software Technologies lanzou unha ciberprotección contra ameazas para dispositivos móbiles que chega en forma dunha nova versión de Harmony Mobile que evita que o dispositivo poida descargar arquivos maliciosos. Segundo indica a propia Check Point, o 97% das compañías de todo o mundo tivéronse que enfrontar a ameazas deste calibre durante anos, perigos que se viron motivados e incrementados polo crecemento de novas formas de traballo como o híbrido ou o remoto.

A forma na que funciona o novo Harmony Mobile, é grazas a Threat Cloud de Check Point Software, que se encarga de analizar os arquivos descargados e no caso de que ache algún que mostre indicadores de ter intencións maliciosas, anúlase a descarga.

“A maioría das solucións de seguridade para móbiles que hai no mercado hoxe en día só poden escanear arquivos relacionados co seu sistema operativo, como aplicacións e perfís de iOS. Isto non protexe o móbil doutro tipo de arquivos maliciosos, como os executables, os de MS Office ou os PDF, entre outros”, afirma Eusebio Nieva, director técnico de Check Point Software para España e Portugal. “Como cada vez dependemos máis destes dispositivos, os ciberdelincuentes atácanos en consecuencia, polo que nunca foi tan importante contar cunha solución de seguridade robusta que protexa de calquera tipo de ameaza”, engade Nieva.