- Dende a asociación AD Fogar, reiteran a petición dunha instalación axeitada para a práctica do atletismo, e que afirman que dende o Concello lle prometeran.
O pasado domingo día 4 de xuño de 2023 celebrouse en Carballo o XIV Campionato Xunta de Galicia Sub 20, Sub 23, Absoluto e Máster dos 10 Quilómetros en Ruta; proba que coincidiu coa XI Edición da 10K carballesa e onde a AD Fogar tomou parte cun total de 21 atletas. No Campionato Galego de Ruta a súa única representante Lara Pinciroli, acadaba a medalla de bronce na categoría sub20 feminina. Xa na proba popular Airín Gálvez ramataba a proba dos 10 quilómetros na 6ª praza da categoría máster 1; Nuno Moure (1º), José M. Negreira (2º) e Asdrúbal Barca (3º) copaban o podio sub 18 masculino na proba dos 3 quilómetros e Ana Ézara era 2ª nos 2 quilómetros sub 14 femininos. Bos resultados tamén os da sub16 María Puga, 4ª clasificada sub 16 nos 3 quilómetros, os do sub 12 Iago Bello, 4º nos 2 quilómetros e os do sub 10 Tadeo Suárez, 4º nos 1.000 metros.