A Laracha | A Xunta de Goberno Local adxudica o novo contrato de asesoría xurídica do CIM

Concello da Laracha

  • Na mesma tamén se acordou a adhesión ao programa de integración laboral PEL-Concellos Reactiva 2021

No Concello da Laracha celebrouse este xoves a Xunta de Goberno Local, na que se adxudicou a Osventos Innovación en Servizos S.L. o novo contrato de asesoría xurídica do Centro de Información ás Mulleres (CIM). A duración do mesmo é por catro anos (dous prorrogables por outros dous máis) e o orzamento total alcanza os 47.000 euros.

A empresa ten previsto manter o mesmo horario de atención ao público que na actualidade: os luns e venres pola mañá (de 9:00 a 15:00 horas) e o xoves pola tarde (16:30 a 20:30 horas).

Na Xunta de Goberno tamén se acordou a adhesión ao programa de integración laboral PEL-Concellos Reactiva 2021 impulsado pola Deputación da Coruña.

O Concello pretende formar unha cuadrilla de obras e servizos municipais, composta por trece persoas, que deberán realizar, entre outros, traballos para a instalación de sinalización viaria, reparación de beirarrúas e sumidoiros ou de acondicionamento do terreo para a ubicación de colectores.

A convocatoria iría dirixida a persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego e que se atopen en exclusión laboral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha