Laxe | A Igrexa de San Mamede de Sarces acolleu este domingo ‘Esamble Lulius XIII’

Cedida.

O Concello de Laxe, en colaboración coa Deputación da Coruña, ten en marcha as ‘Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural’, actividades que se desenvolven durante as fins de semana deste mes de novembro nas diferentes igrexas parroquiais. En cada sesión celebrase un concerto e, media hora antes de cada actuación, ten lugar unha charla sobre arquitectura a cargo do mestre de xeografía e historia Luis Giadás. A actuación celebrada este domingo foi «Esamble Lulius XII» con frauta, narrador/clarinete e piano que tivo lugar en San Mamede de Sarces.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha