Laxe abrigou o remate do verán coa celebración do XVII ‘Solpor Poético’

1 minutes read

Poesía e música foron as grandes animadoras do serán en Laxe coa conmemoración do popular ‘Solpor Poético’ que este ano celebrou a súa décimo sétima edición.

A xornada, celebrada na igrexa de Santa María da Atalaia, incluíu na súa programación a entrega de premios do XVII Certame de Poesía Antón Zapata García, premio nomeado deste xeito na honra do poeta laxense.

Deste xeito, ‘Natureza’, o poema da nigranesa Alexandra Alfaro fíxose coa vitoria na categoría infantil, mentres que ‘Non quedará na túa memoria’, de Lucía Senande, veciña de Baio, fixo o propio na modalidade xuvenil. En adultos o triunfo recaeu no laxense Francisco Javier Lema e a súa creación ‘Conversa’.

Outro dos grandes atractivos da xornada foi a presentación do novo disco de Xoán Curiel, ‘Treides Conmigo!’, un traballo que combina xéneros como o folk e música popular galega e do cal a veciñanza puido gozar ‘in situ’ grazas á interpretación dalgunhas das pezas que o integran.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?