Laxe acollerá o espectáculo musical de Magín Blanco este sábado 15

1 minutes read

O Salón de Actos Culturais da biblioteca de Laxe acollerá este sábado 15, a partir das 19:00 horas, o espectáculo musical ‘Caderno de cores e cancións’ de Magín Blanco.

A función é un percorrido pola creación musical e literaria das cancións que parte do legado dos trobadores vencellado, dun xeito especial, ás cores e melodías.
A próxima e última cita deste mes será o sábado 22 coa II charla micolóxica. Esta iniciativa terá lugar na Casa do Concello e posteriormente haberá unha visita guiada de 10:00 a 14:00 horas.
Para esta última actividade as prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse na casa consistorial ou chamando ao 981 70 69 03.