41
A SD Laxe organiza, en colaboración co Concello, o I torneo de fútbol praia os días 13 e 14 de agosto, nel repartiranse máis de 1.000 euros en premios e un xamón.
O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 12 de agosto, ás 21:00 horas, podendo formalizarse a mesma chamando ao 664 086 846 ou no bar ‘O Bocho’ de Laxe. A cuota é de 100 euros.
Ademais, o día 12, ás 21:30 horas, no mesmo bar farase un sorteo dunha cea valorada en 100 euros para realizar en calquera dos establecementos de Laxe que son patrocinadores.