Laxe adhírese ao convenio da FEMP coa SGAE para reducir gastos


O Concello de Laxe aprobou a súa adhesión ao convenio da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) coa SGAE (Sociedad General de Autores y Editores) para reducir ata nun 25% o importe total das facturas en base á programación de espectáculos organizados pola entidade local. A adhesión foi acordada no Pleno Ordinario do mes de xullo. Este acordo tamén posibilitará que se apliquen bonificacións ou diminucións de ata o 100% do custo total de espectáculos con fins filantrópicos e humanitarios, así como aqueles realizados en centros de maiores de titularidade municipal ou nos centros escolares.