14
As atribucións, a maiores, da Xunta de Goberno Local serán tamén as seguintes:
1.- O outorgamento das licenzas ou autorizacións, agás que as leis sectoriais o atribúan expresamente ao Pleno.
2.- As altas e baixas no padrón do Servizo de axuda no fogar.
3.- Iniciación e resolución dos expedientes de disciplina urbanística, sancionadores e de reposición da legalidade urbanística.
4.-Iniciación e resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial. Sen perxuicio do anterior, a Alcaldía resérvase a avocación daqueles asuntos que polas súas características particulares ou pola súa urxencia tiveran que resolverse con prontitude e celeridade.