Laxe aplicará bonificacións no IBI ás familias numerosas

1 minutes read

Durante a sesión, que se celebrou no Salón de Plenos da Casa do Concello acordouse modificar a ordenanza fiscal número 1 pola que aquelas familias numerosas, e que conten documento acreditativo, con propiedades inmobiliarias no municipio paguen menos IBI en función do valor castastral das súas propiedades.

Na categoría xeral, se a cantidade oscila entre 0 e 60.000 euros, recibirán unha bonificación do 60%; entre 60.000,01 e 100.000 euros, un 55%; un 50% se o valor se sitúa entre 100.000,01 e 150.000 euros e, no caso de superar os 150.000 euros, bonificarase un 40%. No caso da categoría especial, bonificarase un 80%, un 70% un 60% e un 50%, respectivamente.

O rexedor, José Luis Pérez Añón, sinala que esta rebaixa “é algo positivo para as familias numerosas da localidade sobre todo neste contexto económico actual”.