Laxe aproba en pleno os festivos locais para o vindeiro ano 2024

1 minutes read

O Concello de Laxe celebrou este martes un pleno extraordinario no que se designaron os festivos locais para o vindeiro ano. En concreto, quedaron establecidos o 16 e 30 de agosto, coincidindo coas festividades do San Roque e Santa Rosa. Ambas xornadas caen en venres e contaron cos votos a favor de todos os grupos da corporación municipal.

Tamén se aprobou o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos ao orzamento municipal prorrogado de 2022 para o ano 2023 por un total de 4.410,98 euros para gastos correntes. Este punto contou cos votos a favor do PP e a abstención do BNG  e PSOE. Unidas Podemos votou en contra.