Esta fin de semana o Concello de Laxe celebrará o Samaín cunha programación para todos os públicos. As actividades desenvolveranse do venres ao luns no polideportivo municipal da vila.
Promo do evento.
Público infantil:
Venres 28: manualidades e animación musical. De 17:00 a 20:00 horas. Sábado 29: manualidades, animación musical e túnel infantil de Samaín. De 10:00 a 13:00 horas. Domingo 30: manualidades, animación e túnel infantil. De 17:00 a 20:00 horas.
Público adulto:
Venres 28 e sábado 29: pases ao túnel do Samaín. De 23:30 a 01:00 horas.
Para todos os públicos:
Luns 31: gran festa do Samaín con inchables, photocall, un posto de flocos de millo e animación. De 17:00 a 20:00 horas.