Laxe | Confusión entre a veciñanza ao non saber se estarán permitidas as cachelas nas praias

  • Desde o BNG aseguran que a redacción do bando municipal non aclara a situación

Esta semana o BNG de Laxe solicitará ao rexedor que modifique o bando das lumareas de San Xoán e San Pedro xa que a redacción do mesmo presenta «unha ambigüidade absoluta posto que só se poderían facer cachelas en terreos privados».

No bando comunícase que «Non se poderán realizar cachelas en zona de dominio público. Nin espazos públicos tales como prazas, parques, rúas e beirarrúas….Os responsables encargaranse de que o lugar sexa axeitado para facer a fogueira e en terreos privados”. Segundo os nacionalistas, existe inquedanza entre a veciñanza porque o artigo 132 da Constitución establece como dominio público as praias ou o paseo marítimo, entre outros, polo que neste caso semella que quedarían prohibidas as lumaradas nestes lugares.

Por outra banda, o voceiro do BNG local, Xosé Manuel Pose, tamén pedirá ao alcalde que explique o motivo polo cal en Laxe non se permiten facer lumareas ou barbacoas en rúas e beirarrúas como si se contempla noutros municipios.


Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha