Laxe despediu a programación cultural de setembro cun obradoiro de papiroflexia

O Concello de Laxe pechou a programación cultural de setembro co obradoiro ‘Unha arte delicada: a papiroflexia’, que se desenvolveu no local social Valle Inclán.

Na actividade, impartida por Miguel Cortés Hernández, as persoas asistentes puideron descubrir os segredos desta técnica centenaria que, basicamente, consiste en crear elementos e figuras a través de varias dobraduras dun papel.    

Desde o goberno local móstranse “satisfeitos coa boa acollida que tiveron tanto este taller como todas iniciativas que se desenvolveron durante setembro” e agardan que co novo curso a xente “se anime a participar nas programacións, tanto deportivas como culturais, que temos organizadas desde o Concello para os próximos meses”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha