13
Laxe puxo punto e final a tres días de festa coa celebración do IX Mercado Pirata, que se desenvolveu na vila a pasada fin de semana. Eventos ‘Los Templarios’, en colaboración co Concello, foi o encargado de organizar unha programación dinámica e diversa que congregou a centos de persoas. A praza dos Voluntarios da vila laxense retrocedeu no tempo grazas a unha espectacular recreación histórica onde a música e a gastronomía foron as auténticas protagonistas. Postos de alimentación e artesanía, carrusel ecolóxico e moita animación cultural lograron que tanto a veciñanza de Laxe como as persoas visitantes gozaran dun evento único na Costa da Morte.