27
Tratouse dun recoñecemento por ter feito máis uso do servizo de préstamo de libros da Biblioteca Municipal Antón Zapata García. Nesta ocasión, as gañadoras foron Rocío Dourado Ordóñez (categoría adulta) e Lucía Mira Méndez (categoría infantil-xuvenil). Ambas as dúas recibiron un diploma e varios libros de agasallo segundo os seus gustos. A entrega dos premios celebrouse este domingo con motivo do Día Mundial do Libro e tivo lugar no Salón de Actos Culturais do Concello despois da obra ‘Estrafalaria’, do grupo Xarope Tulú, que arrincou ás 18:00 horas.