Laxe e Carballo acenderon o Nadal

Nadal en Laxe.

O Concello de Laxe deulle a benvida ao Nadal 2023 co acendido da iluminación festiva en todas as súas parroquias e no casco urbano. A veciñanza do rural laxense foi a primeira en poder contemplar os puntos de luz e os motivos ornamentais que ilumirán coa súa luz estas datas tan sinaladas, mentres que centos de asistentes déronse cita na praza de Ramón Juega para gozar dunha xornada na que non faltou a animación musical, bonecos, neve artificial e chocolate con churros de balde para todas as persoas que se achegaron.

En Carballo, baixo unha intensa choiva, tamén se deu a benvida ao Nadal co acendido de miles de bombillas led a modo de figuras na praza do concello. Houbo música, chocolatada e unha importante representación de nenos e nenas, así como do Goberno local co alcalde, Evencio Ferrero á cabeza.

Deste xeito, Laxe e Carballo déronlle a benvida a unhas festas que tamén contarán cunha ampla programación cultural repleta de propostas para todos os públicos.

Nadal en Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha