Laxe e Malpica | Entroido na Costa | Programación

6 minutes read

O Concello de Laxe presenta o LaxEntroido, unha programación especialmente deseñada para desfrutar do Entroido por partida doble, xa que as celebracións desenvolveranse os domingos 19 e 26 deste mes.

A primeira xornada será a grande, co desfile e concurso de disfraces. A programación para este día inclúe pasarrúas a cargo da banda de gaitas Maruxía, de 12:00 a 14:00 horas; o desfile de Entroidos e Comparsas ás 17:30 horas, que será inaugurado por D. Caietano e que ademais estará amenizado polos bonecos de ‘Fanfarria Brassica Rapa’; e unha gran festa no polideportivo municipal a partir das 18:30 horas con inchables, bailes, animación, chocolate e filloas de balde grazas á colaboración da Asociación Amas de Casa de Laxe.

Este primeiro domingo tamén terá lugar o II certame participativo de Entroido no que se repartirán premios de 50, 100 e 200 euros entre as diferentes modalidades participantes: individual, grupal e de comparsa. Tamén haberá un premio especial de 50 euros para o mellor cabezudo do LaxEntroido. As inscricións para participar neste certame están abertas ata o 17 de febrero.

A segunda xornada deste LaxEntroido, programada para o domingo 26, centrarase no Enterro do Caietano co seu tradicional velorio e misa cómica na praza dos Voluntarios ás 18:30 horas. Posteriormente celebrarase o desfile de despedida animado por ‘Latexo Percusión’, que finalizará na praza de Ramón Juega para dar paso á queima pirotécnica do Caietano. Ademais, no propio lugar haberá unha gran festa coa actuación de DJ Rokiño.

III CERTAME DE ESCAPARATES ENTROIDEIROS

Ademais do concurso de disfraces tamén se celebrará o III certame de escaparates Entroideiros, cuxa finalidade é contribuír á dinamización e promoción do comercio local no municipio. O prazo de inscrición abrangue desde este luns 6 ata o vindeiro venres, 17 de febreiro, ás 12:00 horas.

Finalizado este prazo, persoal do Concello de Laxe será o encargado de fotografar os escaparates ou entradas dos establecementos participantes para compartir as imaxes na web e Facebook municipais, ademáis de no servizo de mensaxería NovasLaxe.

As votacións poderán realizarse entre os días 20 e 24 (ata as 11:00 horas), ambos inclusive. O método é o de sempre: as persoas participantes deberán reaccionar cun ‘gústame’ na fotografía que máis lles guste das que se compartan en Facebook ou enviar unha mensaxe de WhatsApp a NovaLaxe co seguinte texto “VOTO COMO MELLOR ESCAPARATE ENTROIDEIRO DO 2023 A (nome do local/ comercio)”. No caso de que unha mesma persoa comunique varios votos só se terá en conta o primeiro emitido cronoloxicamente. O establecemento gañador recibirá un diploma e agasallo conmemorativo.

Malpica

Malpica afronta 10 días cheos de actividades en colaboración coas diversas asociación do Concello de Malpica farán as delicias de todos.  Sen dúbida, Malpica xa é a capital do entroido por referencia na comarca.

Desglose do programa:

O Concello de Malpica presenta o cartel do Entroido 2023 con actividades para todas as idades.

Toma boa nota e non te perdas nada:

  • 11 FEBREIRO

En Malpica- Representación do espectáculo CUBO da compañía Elefante Elegante, ás 20.30, no Auditorio do Centro Cívico

Xénero: Infantil | Público recomendado familiar a partir de 5 anos | Duración: 45 minutos

  • 16 FEBREIRO | Xoves de entroido

En Malpica Representación do espectáculo Entroidanzas da compañía Pesdelán.

Espectáculo para alumnado do CEIP Milladoiro, ás 12.00, no Auditorio do Centro Cívico.

Organizo: CEIP Milladoiro

  • 17 FEBREIRO | Venres de entroido

En Malpica – Pasarruas do CEIP Milladoiro, a partir das 11.00 Organiza: CEIP Milladoiro

En Buño – Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 11.00 Organiza CEIP JRO BUÑO

•Concurso de disfraces sobre rodas con animación infantil e merenda, das 18.00 as 20.30, no Pavillón Polideportivo de Malpica. Desfile ás 19.00

•Obrigado participar sobre rodas (calquera tipo de rodas)

• Poderase participar en grupo ou individualmente

• Premios para os mellores disfraces individuais e colectivos

información e inscricións: no whatssap 630 367 783

Organiza: Club Patín Velúa e Concello de Malpica de Bergantiños.

18 FEBREIRO | Sábado de entroido

En Cerqueda Festa infantil, das 11.00 as 13.30, no Centro Sociocultural das Pozacas.

Organiza: AC Raigañas

En Malpica a partir das 13.00 horas, sesión vermú con Judith Cundíns, cocido de entroido e percorrido musical con DJ Roy e DJ Grobas.

Organiza: AC Malante e ACD Mallas de Area

  • 19 FEBREIRO | Domingo de entroido

En Malpica actuación da Charanga NBA polas rúas da vila, a partir das 17.00 horas desfile de disfraces infantil que percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico de Malpica ás 17.00 e rematando na rúa Eduardo Vila Fano.

Organiza: AC Malante

(en caso de choiva trasladarase ao Pavillón Polideportivo de Malpica)

• Encontro de comparsas e disfraces de entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30horas.

Premios para as mellores comparsas.

Entrega de premios a partir das 19.00 horas na rúa Eduardo Vila Fano.

(en caso de choiva trasladarase ao pavillón Polideportivo Municipal)

Categorías:

Xeral (a partir de 13 anos)

«Premios en vales paro mercar nos establecementos do Concello de Malpica.

1° premio 200,00 €

2° premio 100,00 €

3° premio 50,00 €

Infantil (de 0 a 12 anos)

Todas/as as/os participantes recibirán un agasallo e haberá un premio para o disfrace gañador.

Concurso de piñatas do entroido, na rúa Eduardo Vila Fano,

a partir das 17.30. Entrega de premios ás 19.00 (en caso de choiva trasladarase ó Pavillón Polideportivo Municipal)

Colaboran AC Malante e Club Patín Velúa

Premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica:

1° premio 100,00 €

2° premio 50,00 €

20 – 21 – 22 FEBREIRO

En Seaia Xornadas de Entroido, das 9.00 ás 14.00, na Casa da Cultura de Seaia.

Para rapazada a partir de 4 anos. Inscricións: 657 919 272.

Prezo: Socias/os 30,00€ | Non socias/os 40,00€

Organiza ACD Carcaxía

  • 20 FEBREIRO | Luns de entroido

En Buño Festa de disfraces infantil con inchables e merenda das 17.00 ás 20.00 no pavillón polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

Colabora: ANPA Xaviña do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

  • 21 FEBREIRO | Martes de entroido

En Malpica festa de disfraces infantil con inchables (rapazas/ces ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00

Colabora: ANPA Ventorrillo

  • 25 FEBREIRO | Sábado de piñata

En Buño Sesión vermú da Mikaela no campo da Festa das 13.00 ás 15.00 horas.

Ás 16.00 saída da Mikaela de Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño.

A partir das 18.00, Misa Cantada polo «Padre Roy» e Lito da Panorama, no cruce de Xornes. Paradas na igrexa de Buño, no Empalme e remate no Campo da Festa coa queima da Mikaela e verbena con La Cuarentena e DJ’s.

Organiza: Asociación de Amijos da Mikaela

26 FEBREIRO | Domingo de piñata

En Cerqueda Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia de Cerqueda, a partir das 15.30 horas.

Organiza: AC Raigañas

En Vilanova Festa de disfraces infantil e degustación de doces do Entroido, a partir das 16.30, no Centro Sociocultural de Beo.

Colabora: AVCS O Brizo

En Malpica Actuación da Charanga DGT polas rúas de Seaia e Malpica a partir das 16.30horas Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila ata o porto.

Organiza: Redeiras Mar da illa

En Seaia Enterro do Farruco, que sairá do Restaurante O Esqueiro a partir das 16.30 para percorrer os rúas da vila.

Organiza ACD San Xulián