Laxe | Ferido de consideración ao caerlle unha rama enriba

0 minutes read

Un home foi evacuado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña tras ser golpeado pola rama dunha árbore mentres traballaba nun monte próximo ao lugar de A Torre, na parroquia de Sarces, en Laxe.

Nada mais recibir a chamada dun particular, o persoal do 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da vila.

As forzas de seguridade tratan de esclarecer as causas do suceso.