Laxe honra á Virxe do Carmen cunha nova representación do Naufraxio

Arquivo.

Como cada 17 de agosto, o Naufraxio é unha homenaxe que as xentes do mar de Laxe lle fan á Virxe do Carmen, patroa dos mariñeiros, pola súa protección e axuda durante todo o ano. A celebración realízase desde que foi instaurada no ano 1962 por Avelino Lema Santos, mariñeiro de Laxe sobrevivente a tres naufraxios. Un ano máis, logo da misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa María de Atalaia, saíu a Virxe en procesión cara ao peirao, onde presenciou a representación do Naufraxio e a procesión, este ano protexida, baixo a ameaza da choiva. Tras a procesión, na que estivo presente a conselleira do Mar Rosa Quintana, a Virxe do Carmen regresou ao Templo Parroquial logo da «Sálve Mariñeira», onde permanecerá ata o 17 de agosto do ano que vén.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha