O Concello de Laxe activou este xoves unha nova campaña de trampeo de avespas velutinas que estará en marcha ata o 15 de xuño. Desde a Administración local repartiranse un total de 100 trampas entre a veciñanza. Polo momento xa hai instalados 50 dispositivos en diferentes puntos do municipio. Todas as trampas estarán controladas e serán xeolocalizables a través dunha aplicación no teléfono móbil. Quen desexe solicitar un destes elementos de loita contra a velutina, xunto co seu correspondente líquido atraente, poderá facelo a través das oficinas xerais do Concello de Laxe cubrindo un formulario cos seus datos persoais. Unha vez colocada a trampa, deberase informar do número de exemplares capturados cada 15 días.