Laxe lanza subvencións a comisións de festas e asociacións para a contratación de orquestras


O Concello de Laxe lanza unha liña de axudas municipais dirixidas a comisións de festas e asociacións municipais sen ánimo de lucro para a contratación de orquestras no marco da celebración das festas patronais e populares do 2022. Esta iniciativa conta co apoio económico da Deputación da Coruña a través do programa PEL Orquestras. Para Laxe, a dotación ascende a 5.000 euros, e o prazo para presentar as solicitudes remata o próximo venres, 17 de marzo. As bases para solicitar estas axudas poden consultarse na web municipal do Concello de Laxe.