Laxe mellora o seu parque móbil coa adquisición dunha furgoneta cero emisións

0 minutes read

O Concello de Laxe xa conta cun vehículo tipo furgoneta que mellorará os servizos prestados no parque móbil da brigada de obras municipal. Este automóbil, adquirido a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, facilita o traslado das persoas que forman parte da brigada, ademais dos pequenos materiais que usan os operarios. O vehículo, de cero emisións e co distintivo ambiental, conta con equipamentos básicos como aire acondicionado, parabrisas térmico ou asistente de arranque en pendente, entre outros extras.