Laxe mellorará os camiños de acceso a Matío e As Virtudes

1 minutes read

O Concello de Laxe destinará 24.051,69 euros á mellora dos camiños de acceso a Matío e As Virtudes. As obras están financiadas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e completa o plan de actuación iniciado cos traballos en Fenllido.

A primeira das execucións mencionadas inclúe a demolición do muro existente nos primeiros 18 metros do tramo de actuación para a súa posterior reconstrución. En primeiro lugar, executarase unha zapata corrida mediante formigón armado de 50 cm de base e 40 cm de altura. Logo realizarase o muro á mesma altura que o existente. Nos metros restantes mellorarase a capa de rodadura.

A obra completarase coa instalación dun sinal vertical de STOP na intersección entre o camiño e a estrada municipal.

A segunda intervención está prevista para o punto de acceso ao núcleo rural de As Virtudes, que presenta un claro estado de deterioro na actualidade.

Os traballos inclúen a limpeza e preparación de explanación. Completarase coa pavimentación de formigón armado con fibras sintéticas e coa instalación dun sinal de STOP.

O alcalde en funcións, Francisco Charlín, destacou que se trata de dúas obras que permiten “mellorar os accesos a dous puntos moi importantes para o noso rural”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?