Laxe | O regulamento de participación cidadá irá a pleno da man do BNG


Os Regulamentos de Participación Cidadá teñen por obxeto a regulación dos medios, formas e procedementos de participación da cidadanía na xestión municipal, conforme ao previsto na Constitución e nas Leis. O BNG de Laxe emitiu un comunicado, por medio do seu portavoz, Xosé Manuel Pose, no que sinala que llevará ao pleno do día 28 deste mes a elaboración e aprobación do regulamento de participación cidadá. Neste regulamento estará contemplada a creación da figura do alcalde ou a alcaldesa de barrio, así como dos consellos das parroquias de Nande, Traba, Sarces, Serantes e Soesto. Segundo afirma Pose, no programa municipal do BNG de Laxe ás anteriores eleccións municipais estaba a constitución da figura dos Consellos Parroquiais, na que a veciñanza de cada parroquia elixiría ó/á seu/súa representante diante do Pleno da Corporación Local.