36
Unha iniciativa pensada para que as persoas participantes aprendan a traballar este material creando produtos funcionais, duradeiros e únicos.
A actividade, organizada por Corium Gallaecia en colaboración co Concello terá unha duración de nove meses a partir do 4 de outubro. As sesións desenvolveranse todos os martes de 19:00 a 22:00 horas no local social Valle Inclán.
O custo do obradoiro é de 37 euros ao mes, material á parte. Máis información e inscricións chamando ao 696 604 367.