O Concello de Laxe publicou a relación de gañadores da cuarta edición do certame “Dillo ben bonito: O amor prémiase en Laxe”. A presente edición do concurso contou cun total de catorce dedicatorias presentadas as cales se repartiron os 1.007 votos recibidos a través das dúas canles habilitadas; a través da páxina de Facebook do Concello ou mediante NovasLaxe. Deste xeito, premiáronse un total de oito propostas, das cales ‘Estrellas’, con 251 votos, ‘Bótoche de menos’, con 219, e ‘O amor non é sempre rosa vai cambiando de cor’, con 164, integraron o podio. As persoas agraciadas foron premiadas cunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas en establecementos do municipio.