A Semana Santa de Laxe é un dos eventos máis importantes celebrados no municipio a todos os niveis: relixioso, cultural, patrimonial e social. No ámbito deportivo e lúdico, diversas entidades organizan unha serie de campamentos, en colaboración co Concello, dirixidos á rapazada e que se desenvolverán en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas. Dentro deste programa de conciliación haberá tres iniciativas, o Campus de Tecnificación de fúbol organizado pola SD Laxe. Por outra banda, SUP Mera Laxe organiza do 3 ao 7 de abril unha programación para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos. Outro dos campamentos que se desenvolverán na localidade atópase o posto en marcha por D’Troula. Entre o 3 e o 6 de abril, as persoas nadas antes do 2019 poderán participar en actividades multideportivas, un taller de Pascua, manualidades, xogos ou rutas, entre outros. A cota é de 35 euros e haberá dispoñibles un total de 20 prazas. Inscricións previas antes do 29 de marzo.
0