En marcha as escolas deportivas de Laxe para este curso


As preinscricións xa poden formalizarse ata o vindeiro mércores, día 28, no departamento de Deportes en horario de 10:00 a 14:00 horas. Terán preferencia as persoas empadroadas. Entre as actividades programadas atópanse as de ritmo e movemento, predeporte, fútbol sala biberóns/prebenxamíns, patinaxe, hóckey a patíns, baloncesto e taekwondo. Todas as actividades teñen un límite de prazas e aquelas que non superen as cinco persoas inscritas serán suprimidas ou substituídas por outras modalidades. Esta programación deportiva rematará o 31 de maio de 2023.