Laxe proxecta unhas xornadas de turismo arquitectónico e cultural nas súas igrexas

O Concello de Laxe, en colaboración da Deputación da Coruña, pon en marcha as ‘Xornadas de Turismo Arquitectónico, Patrimonial e Cultural’, actividades que se desenvolverán durante as fins de semana deste mes de novembro nas diferentes igrexas parroquiais.

En cada sesión celebrarase un concerto e, media hora antes de cada actuación, terá lugar unha charla sobre arquitectura a cargo do mestre de xeografía e historia Luis Giadás.

Programación:

Sábado 12 (18.30 h). Igrexa de San Simón de Nande. ‘Caminhos cruzados’ (concerto de frauta e guitarra).

Sábado 19 (19.30 h). Igrexa de San Estebo de Soesto. ‘Vadim Yukynevich’ (concerto de acordeón e voz).

Sábado 26 (17.30 h). Igrexa de Santiago de Traba. ‘Clara Panas’ (concerto soprano-piano acompañante).

Domingo 13 (17.30 h). Igrexa de San Mamede de Sarces. ‘Esamble lulius XIII (concerto de frauta e piano con narrador/clarinete).

Domingo 20 (17.30 h). Igrexa de Santa María de Serantes. ‘Pablo Rodríguez’ (concerto guitarra).

Domingo 27 (17.30 h). Igrexa de Santa María de Atalaia. ‘Coro Cantabile’.

Desde o Concello confían en que estas xornadas teñan unha boa acollida xa que son actividades pensadas para poñer en valor o patrimonio, a cultura e o turismo local a través da música e a arquitectura dalgunhas destas igrexas máis senlleiras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha