O Concello de Laxe ditou unha resolución da alcaldía pola que este venres 29 de maio, o mercadillo semanal na Praza dos Voluntarios de Laxe volve a estar operativo todos os venres de 9:00 a 15:00 horas e volven abrir de novo as tendas que habitualmente frecuentan o mercadillo.
No acceso ao lugar onde se desenvolve este mercadillo, a partir de agora, hay que tomar unhas sinxelas precaucións para evitar rebrotes da enfermidade do Covid-19, e para protexer e protexerse:
- Débese acceder ao mercadillo semanal polos pasos habilitados a tal efecto.
- Uso obrigado de Luvas e Mascarillas.
- Respetar a distancia social dos dous metros.
- Evitade aglomeracións.
A Policía Local, velará porque se respecten estás condicións e medidas, para protección e beneficio de todos.