Laxe | Soesto acollerá a V edición do certame ‘A mellor tortilla doce do Peñón’

1 minutes read

O certame celebrarase o luns 29 de maio, na Braña de Soesto, coincidindo coa festa do Peñón. As tortillas que se presenten ao concurso deberán conter, como mínimo, os catro ingredientes tradicionais deste tipo de prato: ovos, azucre, pan e leite. Sen embargo, cada cociñeiro ou cociñeira poderá engadir máis ingredientes se así o considera. Poderá participar calquera persoa maior de idade previa preinscrición na oficina de Cultura do Concello, ben de xeito presencial ou ben chamando ao 881 045 854. Tamén será posible remitir un correo electrónico cos seguintes datos: nome completo, DNI, idade e teléfono de contacto. O prazo de preinscrición remata o propio 29 de maio ás 12:00 horas. Posteriormente procederase á formalización da inscrición na Braña entre as 18:00 e as 18:45 horas. As bases do certame están dispoñibles na páxina web municipal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?