Laxe ten moito teatro


O domingo 31 os alumnos da Escola Municipal de Teatro de Laxe darán o salto á comarca de Arzúa.

Boa parte do alumnado laxense participará no noveno Festival de Teatro de Touro que organiza a Aula de Teatro do CPI de Touro en colaboración co Concello.

Ás 13:00h presentarán a obra Vogando nos Contos xunto a outras agrupacións de  Palas de Rei, A Estrada, Santiago de Compostela e os anfitrións de Touro.