Laxe | Un veciño ten que pagar 135 euros por un permiso para cambiar un tellado

1 minutes read

Un veciño de Laxe permanece abraiado logo da recente comunicación recibida por parte do Concello informando da paralización dunha licenza de cambio de cuberta para un edificio situado no casco vello da vila. A tramitación quedou parada á espera dun informe de Augas de Galicia, previo pago de 134,61 euros. O motivo: A situación da construción nunha zona onde hai décadas había un río que xa non existe.

Segundo o Plan Básico Autonómico (PBA) existe un regato que discorre pola rúa do Río cruzando a praza Ramón Juega e con desembocadura na praia. O certo é que hai máis de trinta anos sí se recorda un regato que desembocaba na praia, pero que foi canalizado en paralelo ao peirao vello a finais do século pasado coa creación do paseo marítimo.

Este PBA, aprobado pola Xunta en 2018 aplícase en concellos carentes de planeamento xeral e ten carácter complementario do municipal nos concellos que dispoñan do mesmo.

Segundo fontes consultadas, o Concello de Laxe non interpuxo polo momento ningún recurso ou queixa ante dito erro.