Laza rexistra dez terremotos en 48 horas


O maior deles, cunha magnitude de 3,4, chegou a sentirse en localidades próximas como Verín, e mesmo en Chaves, alén da Raia. O primeiro tremor ocorreu na madrugada deste xoves, ás 6,45 horas, cunha magnitude de 2.8 na escala Richter e co epicentro a 5 quilómetros de profundidade. Case 17 horas máis tarde, ás 23,27 deste venres, rexistrouse o tremor máis forte dos dez, cunha magnitude de 3,4 e intensidade III. Desde o Instituto Xeográfico Nacional informan que este terremoto se sentiu ata en 13 localidades, entre elas a cidade de Ourense, Verín, Cualedro, Castrelo do Val, Monterrei, Chandrexa de Queixa ou A Teixeira.