A parroquia de Leiloio retomou este domingo 24 de xullo a celebración da Romaría da Nosa Señora da Fonte. A misa foi oficiada por Don Manuel García Souto e amenizada polo grupo de Gaitas de Buño. O evento celebrouse nunha fermosa paraxe coñecida como chousa da Nosa Señora da Fonte. Dende a Concellería de Turismo e Festexos quixeron agradecer ao párroco a súa implicación na celebración deste evento así como agradecer tamén aos veciños/as a colaboración e a asistencia ao acto, así como aos membros de Proteción Civil de Malpica.
Malpica | Leiloio retomou a celebración da Romaría da Nosa Señora da Fonte
Cedida.