Lemaio terá un parque infantíl na praza do igrexario


O Concello da Laracha executará nos próximos días as actuacións dirixidas a crear un  parque infantil na parroquia de Lemaio. O novo equipamento será habilitado no interior da praza pública que existe no Igrexario, xunto ao templo parroquial de Santa Mariña. Con este parque infantil serán un total de 19 os existentes no termo municipal.

Os xogos colocaranse sobre un pavimento de lousas de caucho que terán unha cor axeitada para integrarse no ámbito no que se situará o parque.

Con esta actuación, que o Concello da Laracha financiará integramente con fondos propios municipais, ofrecerase un novo servizo para uso e disfrute da veciñanza desta zona, na que nos últimos anos se rexistrou un incremento no número de familias con nenos.

Este proxecto forma parte do plan municipal promovido polo Concello da Laracha para crear novos parques infantís e renovar os existentes. Recentemente xa foran mellorados equipamentos situados en A Laracha (CEIP Otero Pedrayo e Praza O Recreo), Paiosaco (CEIP Alfredo Brañas e campo da feira) e Caión (CEIP de Caión).