Lembran a importancia de chamar ao 012 se se presencian niños de velutina

Nido de avispa velutina

Así o recalcou a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, que este martes visitou o servizo do 012 no que se reciben os avisos sobre a presenza de niños de vespa velutina, onde tamén lembrou a necesidade de que os cidadáns informen a través do Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 cando detecten e localicen un destes niños.

Ademais sinalou que a Xunta xa aprobou a renovación da encomenda da retirada e destrucións destes niños á empresa pública Seaga en todo o territorio galego en colaboración cos concellos adheridos ao Plan de loita contra esta especie acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Un total de 300 municipios forman parte deste plan, o que supón o 96% dos municipios galegos, dos que 285 xa se uniran en 2020 e aos que agora se suman outros 15 máis.