A consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e que estiveran dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica alta, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de se presentan síntomas ou non.
Trátase da prioridade de garantir a sáude da poboación galegas e, para elo, acadar unha detección e diagnose precoz de calquera infección por coronavirus, contribúe a protexer a saúde dos cidadáns.
A web da Consellería de Sanidade recolle a listaxe dos territorios cuxa incidencia epidemiolóxica require desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Esta listaxe actualízase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica de cadanseu territorio.
Neste senso, na actualidade deberán comunicar os seus datos de contacto as persoas que visiten Galicia e procedan das seguinte comunidades e cidades autónomas de España: Aragón, Asturias, Baleares, Castela e León, Comunidade Valenciana, Melilla, Navarra, Cataluña e País Vasco.
Así mesmo, todas aquelas persoas que procedan de calquera dos países do continente africano; ou nos seguintes países e territorios de América: Anguila, Barbados, Bonaire,San Eustaquio e Saba, Dominica, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Illas Caimán, Estados Unidos, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Trindade e Tobago e Xamaica.
As persoas que estivesen nos seguintes países e territorios de Asia: India, Irán, Iraq, Líbano, Maldivas, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Singapur, Iemen e Xordania.
E aquelas que procedan de todos os países europeos con excepción de: Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia-Hercegovina, Cidade do Vaticano, Finlandia, Italia, Malta, Moldavia, Macedonia do Norte, Romanía e Suecia.
Finalmente, tamén deberan facilitar os seus datos persoais, os viaxeiros que procedan dos territorios de Oceanía: Illas Marianas do Norte
44