Lembranza ao escritor Cándido González Tiradas no 120º aniversario do seu nacemento en Carballo

Este xoves, coincidindo co 120º aniversario do nacemento de Cándido González Tiradas, rendéuselle unha pequena homenaxe nun acto no que participaron o alcalde, Daniel Pérez, as concelleiras Maruxa Suárez, Ángeles Pacoret e Maica Ures, e familiares do escritor e xornalista carballés. Xunto ao panel instalado polo Concello de Carballo na rúa que leva o seu nome, representantes municipais e familiares do autor da peza teatral Mal ollo! realizaron unha ofrenda floral.

Este sinxelo pero sentido acto complementa a lectura dramatizada realizada polo alumnado da Aula de Teatro Municipal no marco do FIOT e a ruta guiada e teatralizada que levaremos a cabo, se o tempo o permite, no mes de febreiro, coincidindo co 60º aniversario do falecemento de González Tiradas en Buenos Aires.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila