Lemos | “Creo que estamos a moi bo nivel, pero este equipo pode dar máis”


Así o afirmou este martes José Luis Lemos, adestrador do Bergantiños FC, na previa do partido correspondente á xornada 16 que fora aprazado e que enfronta ao equipo carballés este mércores ao CD As Pontes en As Eiroas ás 19:30 horas. “Un pouco máis alá de como veña o rival, o importante é que sigamos no nivel que estamos”, concluíu Lemos.